Entraremos no porto pesqueiro coñecendo as instalacións do porto e a súa lonxa (que empresas están dentro do porto, a lonxa, como chega o peixe ás lonxas, os transportes, os traballadores, etc.). A actividade rematará visitando un viveiro de mariscos, onde os alumnos/as podereán coñecer e distinguir as diferentes especies da nosa ría.
As actividades propostas son flexibles e adaptables, polo que se poderán realizar outras accións complementarias que permitan ampliar ou profundar nos contidos, en función das necesidades, intereses e características propias de cada centro educativo garantindo unha experiencia máis personalizada e axeitada ao alumnado participante.


