Recentemente, e como representación autonómica da Red Española de Escuelas Azules, formouse a Rede Galega de Escolas Azuis. Esta rede está coordinada pola Universidade de Vigo que lidera un consorcio formado por:
13 GRADOS
Amosamos o mundo submarino galego dende a educación ambiental, para descubrir a súa beleza e importancia, así como a necesidade de coidalo. Dentro da RGEA realizamos labores de información e acompañamento no proceso de acreditación e ofrecemos actividades e recursos.
ARENARIA
Arenaria desenvolve actividades educativas e de divulgación relacionadas co mar e a sostibilidade, promoviendo a cultura oceánica e o coñecemento dos ecosistemas mediante experiencias participativas que conectan ás personas coa súa contorna.
AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
Queremos achegar o ámbito portuario á sociedade e ao sistema educativo, promovendo a sustentabilidade, a cultura marítima e a economía azul. A través da Rede Galega de Escolas Azuis poñemos a disposición espazos de divulgación do medio mariño como a aula Nautilus e Peiraos do Solpor.
CETMAR
Traballamos pola conservación do medio mariño e o uso sostible dos seus recursos, impulsando a innovación no sector marítimo. Na Rede de Escolas Azuis facilita a coordinación institucional, contribúe na busca de financiación, e promove visitas á Aixola, centro de formación nos oficios do mar.
CENTRO DE INVESTIGACIÓN MARIÑA (CIM)
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un centro de referencia en ciencia oceánica e membro da Rede CIGUS. Ofrece asesoramento científico, materiais didácticos, actividades divulgativas e apoio ao profesorado para integrar a alfabetización oceánica na aula.
FUNDAMAR
FUNDAMAR, impulsa iniciativas para achegar á cidadanía, de forma accesible e inclusiva, o patrimonio marítimo-pesqueiro. Mediante proxectos promove accións de divulgación para o ámbito educativo e o tecido empresarial como, por exemplo, o Programa Vigo Pesqueiro.
NORTH WIND
Dende North Wind queremos axudar aos centros escolares a implementar a literatura oceánica mediante a realización de actividades científicas e creativas que permitan aos estudantes coñecer a importancia do océano e a necesidade da súa conservación.
O noso obxectivo
Coa creación deste consorcio a nivel autonómico facilitamos a implementación da rede de Escolas Azuis inclusivas e integrais en Galicia, seguindo as liñas de actuación xa implantadas a nivel europeo e nacional.
Gustaríache formar parte da Rede Galega?
O proceso é moi sinxelo e pode facerse telematicámente.
Estamos para axudarche con calquera dúbida.