Blue Connections: From Finisterrae to the Danube Delta

CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda)

Descrición:

O proxecto busca axudar ao alumnado a comprender a importancia do océano e da súa biodiversidade comparando dous ecosistemas mariños: o Atlántico en Galicia e o Mar Negro en Năvodari (Romanía), promovendo a alfabetización oceánica, o coidado da auga e a curiosidade científica a través de investigación, arte e comunicación dixital, fomentando a colaboración intercultural e a responsabilidade na protección da vida mariña.


Obxectivos básicos:

  • Promover a alfabetización oceánica
  • Concienciar sobre a importancia da conservación da auga e da biodiversidade mariña
  • Fomentar a curiosidade científica
  • Desenvolver a creatividade e a comunicación

5 puntos chave:

  • Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto interdisciplinar e internacional de investigación, arte e comunicación dixital.
  • Implicación do alumnado → 24 alumnos/as de 3º e 2º ESO
  • Resultados obtidos → O alumnado adquiriu coñecementos científicos sobre os ecosistemas mariños, desenvolveu habilidades de traballo en equipo e pensamento crítico, mellorou a súa competencia comunicativa e aumentou a súa conciencia ambiental e o seu sentido de responsabilidade cara á protección do medio mariño.
  • Colaboración cunha entidade local → Aquarium Finisterrae da Coruña
  • Comunicación dos resultados → Elaboráronse carteis, camisetas e materiais dixitais, realizáronse exposicións no centro educativo e compartíronse os resultados a través da web e das redes do centro, favorecendo a difusión á comunidade educativa.

Contacto:

cpi.cruce@edu.xunta.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio