No taller de Marisqueo, os nenos e nenas achegaranse ao mundo do mar e do marisqueo dunha maneira práctica e participativa. Coñecerán a figura dos mariscadores e ariscadoras, así como o seu traballo e a importancia desta actividade tradicional para o noso litoral.
Durante a xornada, respirarán o ambiente costeiro e aprenderán a identificar e ordenar os diferentes recursos da ría nun mapa para comprender mellor o territorio e o seu valor ambiental. Ademais, explorarán o arenal para descubrir as especies propias do banco marisqueiro, ao tempo que adquirirán hábitos de respecto e coidado da praia, fomentando a conservación e o uso responsable do medio mariño.
As actividades propostas son flexibles e adaptables, polo que se poderán realizar outras accións complementarias que permitan ampliar ou profundar nos contidos, en función das necesidades, intereses e características propias de cada centro educativo garantindo unha experiencia máis personalizada e axeitada ao alumnado participante.


