S.O.S. Salvemos a ría

Colexio Labor (Vigo)

Descrición:

Ao longo do curso escolar desenvolvéronse actividades dirixidas a reforzar o coñecemento do mar, da súa situación actual e da conservación a través de accións transversais, promovendo a interdisciplinariedade e a conexión entre diferentes grupos e niveis educativos

Obxectivos básicos:

Promover a alfabetización oceánica
Concienciar sobre o impacto do lixo mariño
Participar activamente na investigación e comunicación de contidos vencellados ao medio mariño galego e a súa conservación

5 aspectos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto decoñecemento do medio mariño galego, das súas ameazas en torno á contaminación e de accións de conservación.


Implicación do alumnado → Educación Infantil e Educación Primaria


Resultados obtidos → Ao longo do desenvolvemento deste proxecto centrado na Ría de Vigo, o alumnado tivo a oportunidade de interactuar activamente coa súa contorna próxima, aprendendo sobre as súas características, a biodiversidade e os problemas ambientais que a afectan. A integración das diferentes actividades permitiu unha experiencia de aprendizaxe integral, fomentando unha perspectiva crítica e responsable cara o medio mariño. En definitiva, este proxecto contribuíu a formar cidadáns máis responsables e comprometidos na conservación da Ría de Vigo e, por extensión, do medio mariño no seu conxunto.


Colaboración cunha entidade local → FUNDAMAR, Museo do Mar de Vigo, Concello de Vigo, Ambiente Europeo, Ocean Conservancy, International Coastal Cleanup Spain
Comunicación dos resultados →

  • Campaña de concienciación sobre lixo mariño nas redes sociais do centro educativo
  • Paneis informativos arredor do centro educativo sobre a limpeza da praia
  • Difusión das campañas de recollida nas redes sociais

Contacto:

cpr.labor@edu.xunta.es

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio