CEIP Zalaeta (A Coruña)
Descrición:
Este proxecto busca fomentar a investigación sobre o medio mariño no alumnado para promover a alfabetización oceánica e a comunicación da mesma a través de expresións artísticas e a creación de recursos dixitais.
Obxectivos básicos:
Promover a alfabetización oceánica
Crear unha base de recursos didácticos sobre o medio mariño
Desenvolver a creatividade e a comunicación
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto de investigación e creación de recursos sobre o mar.
Implicación do alumnado → Educación Infantil e Educación Primaria
Resultados obtidos → O alumnado adquiriu coñecementos sobre diferentes animais e ecosistemas mariños e os introduxo ao longo do curso en diferentes celebracións (samaín, festival de música, entroido) para abordar dende unha perspectiva creativa e lúdica a temática do mar.
Colaboración cunha entidade local → Centro Oceanográfico de A Coruña
Comunicación dos resultados → A través de recursos dixitais: realización de PADLET creado para compartir información entre as diferentes aulas sobre o investigado no proxecto.
Contacto:
ceip.zalaeta@edu.xunta.gal



