Gardiáns da auga

Colexio Apóstol Santiago (Vigo)

Descrición:

Proxecto interdisciplinar no que o alumnado investiga a importancia da auga nos ecosistemas. A través de maquetas con sensores e actuadores, analizan problemas reais relacionados coa auga. Combínanse tecnoloxía, ciencia e creatividade para fomentar a sensibilización ambiental. Os resultados preséntanse en feiras científicas e actividades do centro.

Obxectivos básicos:

Divulgar sobre a importancia da auga, o impacto humano sobre os ecosistemas mariños e fluviais.
Fomentar a responsabilidade ambiental e a investigación científica mediante o deseño de solucións tecnolóxicas.
Mellorar o traballo cooperativo, o pensamento crítico e a capacidade de comunicar resultados.
Promover prácticas sostibles e a conexión coa contorna.

5 aspectos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → Cada grupo identifica un problema relacionado coa auga e crea unha maqueta tecnolóxica empregando sensores e programación. O proceso inclúe deseño, construción, experimentación e divulgación científica dentro e fora da comunidade educativa.

Resultados obtidos → Creáronse máis de 10 maquetas funcionais e o alumnado mellorou a súa comprensión da importancia da agua no planeta. Desenvolveron competencias tecnolóxicas e unha maior conciencia ambiental, con boa acollida nas feiras científicas.

Implicación do alumnado → Participación activa de 1º da ESO en todas as fases: investigación, deseño, construción, programación e exposición pública.

Colaboración cunha entidade local → Presentación do proxecto en CINVIGO, feria científica organizada polo CinBio

Comunicación dos resultados → Os proxectos difúndense na Semana das Ciencias e na CINVIGO. O alumnado presenta demostracións prácticas para explicar o funcionamento das maquetas. Realízanse sesións de divulgación para alumnado de menor idade, promovendo o uso responsable da auga e a sensibilización ambiental

Contacto:

 info@colegioapostol.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio