CEIP Plurilingüe Reboreda (Redondela)
Descrición:
Este proxecto nace coa intención de fomentar a alfabetización oceánica dende o local, sensibilizando ao alumnado sobre a importancia do mar, e creando conexións reais entre a escola, a súa contorna e Europa.
Obxectivos básicos:
O proxecto ten como obxectivo principal conectar a todo o alumnado do centro coa realidade social, ecolóxica e económica da Ría de Vigo, promovendo unha conciencia activa sobre a sustentabilidade e o coidado do medio mariño. Para iso, preténdese que o alumnado recoñeza os vínculos existentes entre a comunidade e o mar, comprendendo a importancia destes para a vida e o desenvolvemento do territorio. Así mesmo, búscase favorecer o coñecemento dos ecosistemas costeiros e da súa fraxilidade, fomentando o respecto e a protección destes espazos naturais.
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul → A través de proxectos sobre o río Maceiras, a Enseada de San Simón e a acuicultura sostible, o alumnado achegase ao coñecemento e conservación dos ecosistemas. Estas iniciativas contribúen ao desenvolvemento dos ODS relacionados coa educación de calidade, a acción polo clima, a vida submarina, os ecosistemas terrestres e a cooperación. Ademais, axudan a comprender que os retos ambientais son desafíos globais compartidos.
Resultados obtidos → O proxecto permitiu que o alumnado adquirise unha maior conciencia sobre a importancia da conservación dos ecosistemas mariños e costeiros, desenvolvendo actitudes máis responsables e sostibles. Ademais, mellorou as súas competencias de investigación, comunicación e traballo colaborativo a través de experiencias reais de aprendizaxe. Como resultado, elaboráronse materiais e producións significativas que visibilizan os coñecementos adquiridos e fortalecen o vínculo coa contorna.
Implicación do alumnado → Todo o alumnado do centro participou no programa.
Colaboración cunha entidade local → A colaboración coa asociación Amartumar permitiu ao alumnado coñecer de primeira man a realidade do marisqueo tradicional na Enseada de San Simón.
Comunicación dos resultados → O alumnado elaborou produtos finais que recolleron os coñecementos e experiencias adquiridas. A difusión interna permitiu compartir os resultados coa comunidade educativa e fomentar a sensibilización ambiental. Finalmente, a feira de peche e a presentación de propostas serviron para visibilizar o traballo realizado e reforzar o compromiso coa sustentabilidade e a conservación do medio mariño.
Contacto:
ceip.reboreda@gmail.com



