Colexio NS Esperanza (Vigo)
Descrición:
O proxecto axuda ao alumnado a descubrir a súa conexión azul co océano a través do estudo directo do ecosistema portuario e a biodiversidade mariña do Porto de Vigo. O obxectivo principal do proxecto é achegar ao alumnado aos ecosistemas mariños locais e ao método científico a través de traballo de campo real e experiencias de investigación prácticas nun ambiente mariño.
Obxectivos básicos:
Explorar temas relacionados cos ecosistemas costeiros, as mareas, a zonación mariña, a biodiversidade, a identificación de especies e os factores ambientais que inflúen na distribución da vida mariña
Coñecer como se realiza a observación e a recollida de datos científicos
Promover a cultura cientifica mediante análise dos datos obtidos a través de distintos programas informáticos
Fomentar a comunicación científica a través de actividades artísticas
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul→ O proxecto consta de varias actividades coas que o alumnado aprende sobre o océano, realiza actividades no campo, fai actividades artísticas ou de laboratorio e presenta o seu traballo.
Participación do alumnado→ Educación Secundaria
Colaboración cun socio local→ Autoridade Portuaria de Vigo e Fundación Traslatio
Resultados obtidos→ O alumnado adquiriu coñecementos sobre o medio mariño a través de actuacións artísticas e de comunicación cunha aprendizaxe activa e cooperativa
Comunicación→ Os resultados do proxecto comunicaranse a través dunha exposición final dirixida á comunidade educativa. O alumnado creará murais, maquetas, paneis científicos e materiais visuais relacionados co ecosistema mariño estudado e integrando contidos científicos. O alumnado deseñou murais, maquetas, paneis científicos e representacións visuais do ecosistema estudado, integrando contido científico en castelán, galego e inglés.
Contacto:
secretaria@colegioesperanza.com



