IES Félix Muriel (Rianxo)
Descrición:
O proxecto Fervedoiro é unha chamada á situación de emerxencia na que se atopa a Ría de Arousa, o seu medio natural e as súas xentes. A concienciación sobre os riscos do cambio climático e os seus efectos na auga é unha forma de valorar o pasado, o que faciamos antes; o presente, o que somos e o futuro, o que queremos ser. Pretendemos facelo a través dun proceso educativo dinámico e activo con impacto no seu medio e nos seus habitantes, aberto a outras comunidades das que tamén aprender.
Obxectivos básicos:
- Estudo da paisaxe local e análise do seu ecosistema
- Intervencións no espazo mediante o deseño e a produción dun modelo dunha estación de
monitorización ou recollida de datos (temperatura e salinidade da auga) exportable a diferentes puntos
da ría de Arousa en colaboración con outros centros ou entidades. Tamén desenvolveremos accións
para protexer e recuperar o medio ambiente mediante a limpeza de espazos naturais, a colaboración
con ONG, etc.
- Concienciación dos riscos dos modelos de produción e consumo no aumento da temperatura da auga
e as súas consecuencias a través de: Análise dos efectos dos vertidos e o consumo masivo de plásticos
na paisaxe; estudo da relación causa-efecto cos desafíos demográficos: envellecemento e dependencia;
e turismo e presión demográfica; propostas para unha economía sostible e un consumo responsable; e
integración das diferentes linguaxes literarias e audiovisuais e a dixitalización como elementos de
concienciación social.
- Uso da IA para crear realidades alternativas de futuro como resultado da pasividade ante a
emerxencia climática.
- Intercambios de experiencias. Colaboración co proxecto Refuxios do IES Lagoa de Antela, Xinzo de
Limia así como con centros educativos europeos da rede Erasmus+.
- Renovación da acreditación NEB
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto educativo dinámico e activo para acadar impacto no seu medio e nos seus habitantes e concienciar ao alumnado.
Implicación do alumnado → Alumnado de referencia, 3o de ESO (85), alumnado participante en diferentes propostas, ESO e Ciclos
(271)
Resultados obtidos → Concienciación dun problema real do entorno, mellor coñecemento do entorno próximo, motivación polo coñecemento e as experiencias científicas e mellora na convivencia. Parte destes resultados ademais foron avaliados como parte integrada en currículos de diferentes áreas e materias
Colaboración cunha entidade local → Concello de Rianxo, CIM e Univesidade de Vigo, Mostra Internacional de Cine Documental Mares da Fin
do Mundo, Cofradía de pescadores de Rianxo
Comunicación dos resultados → A plataforma Agueiro (mudada pola Consellería), a Aula Virtual do centro, celebración no centro da semana Letras a Mares (conxugando as Letras Galegas e a semana da Ciencia), web do centro e redes socias: Twitter, Instagram, Facebook e youtube
Contacto:
ies.felix.muriel@edu.xunta.gal

