IES Primeiro de marzo (Baiona)
Descrición:
O proxecto ten como obxectivo concienciar ao alumnado sobre a importancia dos ríos no ecosistema local. A través de actividades interdisciplinares, o alumnado analizará as características físicas, químicas e biolóxicas de dous ríos da súa rexión: un ben conservado (A Groba) e outro moi urbanizado (Baíña).
Obxectivos básicos:
Os obxectivos inclúen: a comprensión da calidade da auga, o impacto humano, a biodiversidade e a relevancia sociocultural dos ríos.
Ademais, este proxecto fomentará a responsabilidade ambiental e a investigación científica no alumnado, mellorando a súa comprensión dos ecosistemas fluviais e promovendo prácticas sostibles na comunidade.
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul
O alumnado de diferentes cursos participará en excursións para recoller mostras de auga e biolóxicas, medir parámetros físico-químicos e analizar a biodiversidade.As mostras recollidas examinaranse no laboratorio para determinar a calidade da auga e os niveis de contaminación. Ademáis, o alumnado estudará aspectos históricos e culturais dos ríos, incluídos os lavadoiros tradicionais e os muíños.
Resultados obtidos
Elaboración de informes de laboratorio, enquisas, talleres de oratoria,…
Implicación do alumnado.
Seccións bilingues de 2º e 3º da ESO
Colaboración cunha entidade local Organizacións ambientais locais e grupos sociais como o centro de Saúde Mental Avelaíña.
Comunicación dos resultados →Os resultados compartense a través dos sitios web das escolas, as redes sociais e as presentacións.
Contacto:
ies.primeiro.marzo@edu.xunta.gal



