CEIP Curros Enríquez (Ourense)
Descrición:
Un proxector realizado en colaboración co grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo para achegar ao alumnado o coñecemento dos ecosistemas mariños e a importancia do océano para la vida no planeta.
Obxectivos básicos:
O principal obxetivo foi descubrir a importancia do fitoplancto, os microorganismos que viven no mar. A través de diferentes actividades, o alumnado aprendeu que o fitoplancton produce gran parte do osíxeno que respiramos, axuda a absorber CO2 da atmosfera e constitúe a base das cadeas tróficas mariñas.
5 aspectos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul → O proxecto comenzou cun Kahoot interactivo para coñecer as ideas previas do alumnado sobre o océano e a vida mariña. A continuación, o persoal investigador realizarou unha presentación participativa na que explicaron o papel do fitoplancton, os pigmentos mariños, as mareas vermellas e como se recollen e estudan as mostras de agua mariña nol laboratorio. Despois, o alumnado observou mostras reais de fitoplancton ao microscopio e coñeceu diferentes cultivos cunha gran variedade de cores naturais. A actividade finalizou cun obradoiro creativo no que cada estudante deseñou e coloreou unha chapa inspirada nuha especie de fitoplancton, levando á casa un recordo da vida microscópica mariña descuberta durante o obradoiro.
Implicación do alumnado → 45 estudantes de 3º e 4º de Educación Primaria
Resultados obtidos → O alumnado adquiriu coñecementos sobre o fitoplancto e a súa importancia no medio mariño dende unha perspectiva científica, creativa e lúdica.
Colaboración cunha entidade local → Equipo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo
Comunicación dos resultados → A través das redes sociais do centro educativo
Contacto:
ceip.curros.ourense@edu.xunta.gal



