Do mar nace o azul da vida

CEIP Espiñeira (Aldán)

Descrición:

O proxecto desenvolveuse mediante unha metodoloxía activa, participativa e vivencial, na que o alumnado constrúe coñecemento a través da exploración directa, a experimentación e a creación artística. Apostouse por un enfoque globalizado, integrando aprendizaxes científicas, culturais, lingüísticas e artísticas arredor dun eixo común: o mar.

Obxectivos básicos:

  • Fomentar a conciencia ambiental e mariña
  • Promover no alumnado o respecto polo océano
  • Coñecer e valorar o patrimonio natural e cultural ligado ao mar
  • Sensibilizar sobre a sustentabilidade e a acción comunitaria
  • Estimular a curiosidade científica e o pensamento crítico

5 puntos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → Empregáronse estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), combinadas con obradoiros manipulativos, traballo cooperativo, aprendizaxe-servizo e experiencias inmersivas no contorno natural e cultural.
Implicación do alumnado → Educación Infantil e Educación Primaria
Resultados obtidos →

Exploración e experimentación sensorial

Aprendizaxe baseada no xogo e na investigación

Aprendizaxe-servizo e educación ambiental: A limpeza da praia de Areacova permitiu ao alumnado observar o impacto
dos residuos no ecosistema, clasificar lixo, reflexionar sobre hábitos sostibles e actuar de forma responsable no seu contorno.

Aprendizaxe activa e manipulativa: Facilitar experiencias prácticas que permitan explorar, experimentar e construír coñecemento a través de obradoiros, xogos interactivos (Kahoot), contacontos e actividades colaborativas.

Traballo cooperativo e o sentido de pertenza ao centro
Colaboración cunha entidade local → Asociación “Cunchas e flores”, CEIDA, Universidade de Vigo e A Deputación de Pontevedra,
Comunicación dos resultados → A través da web do centro educativo

Contacto:

ceip.espinheira.aldan@edu.xunta.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio