Recurso: Postal interactiva e solución
Actividade: identificación de material de investigación e presentación de especialidades nas ciencias mariñas
Esta actividade parte dunha postal deseñada para a celebración da Noite Europea das Persoas Investigadoras de 2006. A ilustración presenta unha escena chea de xente na que se agocha un equipo de investigación en ciencias mariñas, xunto con parte do material científico que emprega no seu traballo.
O obxectivo da proposta é amosar que as persoas dedicadas á investigación son persoas diversas e comúns: homes e mulleres de distintas idades, con intereses e afeccións variadas, que apenas se distinguen na multitude polos obxectos ou materiais de investigación que levan consigo.
Ao mesmo tempo, a actividade permite coñecer algunhas especialidades vinculadas ás ciencias mariñas e identificar instrumental empregado na investigación do océano, como redes de mostraxe, dragas, botes de mostraxe, microscopios ou outros equipos científicos.
A dinámica consiste en observar a postal e buscar nela ás persoas investigadoras e o seu material científico. A través da ligazón á solución pódense consultar tamén pequenas explicacións sobre cada perfil profesional e sobre os instrumentos representados.
Enlace á solución: https://view.genially.com/6a0d86bee92e52acde5f3e05


