Esta experiencia levará ao alumnado a explorar os misterios ocultos xacen nas areas e nas augas costeiras.
A través dunha combinación de exploración práctica con diferentes experimentos, charlas educativas e actividades en grupo, as persoas participantes terán a oportunidade de descubrir que é unha praia, como e por que xorden e cambian ao longo das estacións do ano, así como de que maneira se ven afectadas pola actividade humana, dándolle unha grande importancia ao coñecemento como ferramenta para evitar danos ao medio ambiente.
As actividades propostas son flexibles e adaptables, polo que se poderán realizar outras accións complementarias que permitan ampliar ou profundar nos contidos, en función das necesidades, intereses e características propias de cada centro educativo garantindo unha experiencia máis personalizada e axeitada ao alumnado participante.

