Da praia ao río: aprender da natureza para coidar o océano

Gándara International School (Gondomar)

Descrición:

Este proxecto é unha iniciativa de aprendizaxe ecosocial que se desenvolveu semanalmente ao longo do curso escolar, na que o alumnado explora e investiga diferentes ecosistemas do súa contorna local.O proxecto centrouse en tres espazos clave conectados co océano: a praia, as montañas e o río, o que permitiu ao alumnado comprender a relación entre os ecosistemas terrestres, fluviais e mariños.

Obxectivos básicos:

  • Comprender a conexión entre os bosques, os ríos e os océanos.
  • Investigar a biodiversidade local.
  • Identificar as especies invasoras.
  • Analizar o impacto humano nos ecosistemas.
  • Desenvolver hábitos sostibles.
  • Aplicar o método científico.
  • Integrar a ciencia, a arte e a natureza.
  • Participar en iniciativas de mellora ambiental.

5 puntos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → A través de metodoloxías activas e experienciais, o alumnado desenvolveu coñecementos científicos, conciencia ambiental e un compromiso coa sustentabilidade, entendendo que a xestión dos océanos comeza a nivel local.

Implicación do alumnado → Educación Primaria

Resultados obtidos → Este proxecto permitiu que o alumnado comprenda que a saúde do océano tamén depende das nosas accións en terra, desenvolvendo unha cidadanía crítica, responsable e comprometida co medio ambiente.

Colaboración cunha entidade local → Comunidad de Montes de Couso, Vida Circular Gondomar e Raices y brotes

Comunicación dos resultados →  A través das redes sociais do centro educativo

Contacto:

info@gandaraschool.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio