A mar de rico

CPR Fillas de María Inmaculada (Vigo)

Descrición:

Este proxecto nace dunha actividade de investigación comercial do alumnado sobre Actividades Comerciais traballando sobre a situación actual do consumo de peixe, dos seus beneficios e da tradición pesqueira como motor económico e cultural.

Obxectivos básicos:

  • Sensibilizar ao alumnado coa cultura marítimo-pesqueira.
  • Promocionar o consumo de peixe e marisco de proximidade.
  • Promover o valor dos produtos do mar e as súas conservas.
  • Difundir os beneficios nutricionais e gastronómicos do peixe e do marisco.
  • Sensibilizar sobre o traballo dos pescadores e o valor nutricional dos produtos do mar.
  • Promover alternativas de preparación sinxelas e atractivas.

5 puntos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto de investigación e promoción do consumo de produtos do mar
Implicación do alumnado → 1º de Actividades Comerciais e de Mediación Comunicativa
Resultados obtidos → A colaboración co alumnado de mediación comunicativa permitiu conectar os coñecementos ao integrar diversas areas do curriculo, axudando a transformar ao alumnado en protagonista.
Colaboración cunha entidade local → Fundamar e EspazoCoop
Comunicación dos resultados → Exposición do proxecto no propio centro e a catro grupos da ESO do centro educativo Bouza Brey

Contacto:

secretaria@fillasdemariainmaculadavigo.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio