Aprendendo en azul

Aula educativa do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)

Descrición:

O proxecto xorde como unha iniciativa educativa integral que conecta varios entornos sanitarios e educativos dentro do distrito sanitario de Vigo, co obxectivo de introducir o alumnado de 3 a 16 anos no medio mariño. A actividade estrutúrase arredor dunha serie de obradoiros interdisciplinares que se celebran en diferentes centros, cunha especial atención ao medio natural e marítimo que rodea a cidade. Este proxecto non só busca fomentar a aprendizaxe científica, senón tamén promover valores como a xestión ambiental, a curiosidade e a inclusión, ofrecendo a todo o alumnado, independentemente das súas circunstancias, a oportunidade de aprender sobre o mar, a súa paisaxe e a súa cultura.

Obxectivos básicos:

  • Coñecer as principais características do medio mariño local, con especial atención ás Illas Cíes e ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
  • Promover a aprendizaxe interdisciplinar mediante obradoiros prácticos que integren contidos científicos, ambientais, culturais e artísticos.
  • Estimular a curiosidade, a observación e o pensamento científico a través de experiencias participativas e prácticas.
  • Fomentar actitudes de respecto, coidado e responsabilidade cara ao medio mariño.

5 aspectos chave:

Desenvolvemento dun proxecto azul → A metodoloxía do proxecto baséase nunha abordaxe activa, flexible e inclusiva, centrada no alumnado e adaptada ás características específicas dos contextos educativos hospitalarios. O traballo levouse a cabo a través de obradoiros interdisciplinares, cun enfoque práctico e experiencial, que permitiu ao alumnado explorar o medio mariño a través da observación, a experimentación e a participación activa. 

Implicación do alumnado → Todas as idades das aulas hospitalarias

Resultados obtidos → O fortalecemento da conexión emocional do alumnado co seu territorio, co mar e coa súa paisaxe, mesmo cando non sexa posible o contacto directo co medio natural. Tamén cremos que o proxecto contribuiu ao benestar emocional do alumnado mediante actividades motivadoras e significativas adaptadas ás súas circunstancias individuais e potenciando o traballo colaborativo entre os distintos espazos educativos do ámbito sanitario.

Colaboración cunha entidade local → 13 Grados, CIM – Universidade de Vigo, Centro tecnolóxico do Mar (Cetmar)

Comunicación dos resultados → Carteis e paneis expositivos no centro educativo.

Contacto:

ah.alvarocunqueiro@edu.xunta.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio