CEIP Torre Illa (Illa de Arousa)
Descrición:
O proxecto centrase na sustentabilidade e a transformación social para manter os entornos mariños e naturais da illa, ameazados polo auxe do turismo, a sobreexplotación dos recursos mariños e a contaminación. Ademais, o desenvolvemento do proxecto a diferentes niveis permite o desenvolvemento doutros aspectos relacionados: como o coñecemento por parte do alumnado da contorna social e natural ao seu carón, as tradicións orais e culturais locais, hábitos alimentarios e de estilo de vida saudables e sostibles, e accións responsables no coidado do medio natural, fomentando actitudes de respecto e conciencia cívica entre o alumnado con respecto ao medio social e natural da illa.
Obxectivos básicos:
- Coñecer e apreciar a diversidade mariña da Illa de Arousa e a relación coa realidade socioeconómica.
- Transformar a realidade social da localidade a través da alfabetización oceánica e aeducación sostible.
- Promover a conexión da educación formal e non formal a través de organizacións ambientais e sociais.
- Impulsar accións destinadas a promover e sustentabilidade social, ambiental e económica.
- Difundir o proxecto como propostas enmarcadas noenfoque educativo da educación para o desenvolvemento sostible.
5 puntos chave:
Desenvolvemento dun proxecto azul → Proxecto integral e inclusivo para o coñecemento da contorna mariña próxima e o patrimonio sociocultural vencellado ao mar, onde fomentar hábitos sostibles e respectuosos co medio natural.
Implicación do alumnado → Participan 220 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria, dende os tres ata os 12 anos.
Resultados obtidos → Un maior coñecemento da biodiversidade do entorno natural da Illa de Arousa, e unha conciencia maior
da problemática que ameaza ós ecosistemas mariños desenvolvendo unha conciencia cívica na
protección dos mesmos.
Colaboración cunha entidade local → Organización de productores e Cofradía de Pescadores SanXulián, da Illa de Arousa. Asociación Amicos
Comunicación dos resultados → A través da web, RRSS e prensa escrita.
Contacto:
ceip.torre.illa@edu.xunta.gal



