Ocean watchers

CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda)

Descrición:

O proxecto trataba de espertar no alumnado o interese polo océano e o fondo mariño mediante actividades STEM. Traballouse o método científico, as propiedades físico-químicas da auga e os bioprodutos mariños, fomentando o pensamento crítico, o respecto polo medio e a aprendizaxe activa


Obxectivos básicos:

  • Espertar o interese polo océano e o seu ecosistema, desenvolver o pensamento crítico e as habilidades científicas.
  • Promover hábitos de respecto ambiental, coñecer o valor da flora e fauna mariña e aplicar o método científico en contextos reais mediante traballo práctico e colaborativo.

5 puntos chave:

  • Desenvolvemento dun proxecto azul → Prácticas de laboratorio, investigación, infografías, visitas ao Aquarium da Coruña e creación de contidos dixitais.
  • Implicación do alumnado → 18 alumnos/as de 2º ESO
  • Resultados obtidos → O alumnado mellorou a súa comprensión científica dos océanos, especialmente das propiedades da auga do mar e do fondo mariño; adquiriu destrezas de laboratorio, reforzou o traballo en equipo e a competencia dixital, e desenvolveu unha maior conciencia ambiental, sentido de pertenza ao océano e interese pola investigación científica mariña e a súa conservación.
  • Colaboración cunha entidade local → Aquarium Finisterrae da Coruña
  • Comunicación dos resultados → Elaboración de infografías dixitais, informes de laboratorio, vídeos, Kahoots, enquisas, e difusión a través da web e dos espazos do centro educativo.

Contacto:

cpi.cruce@edu.xunta.gal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio