CEP Sabarís (Baiona)
Descrición:
No desenvolvemento do proxecto leváronse a cabo dous obradoiros de ciencia cidadá centrados no estudo do ecosistema praia – duna – marisma do Miñor (Rede Natura 2000). Un dos obradoiros consistiu nunha saída de campo na que aprender a identificar flora e fauna mariña e realizar unha recollida de datos sobre organismos intermareais, plantas dunares e aves. Posteriormente, analizáronse os resultados na aula aplicando a metodoloxía científica e elaboráronse materiais divulgativos para a comunidade.
Obxectivos básicos:
- Aprender sobre a flora e a fauna mariña que forma parte do ecosistema praia-duna-marisma do Miñor (Rede Natura 2000) mediante un proxecto de ciencia cidadá.
- Sensibilizar sobre a importancia de preservar a biodiversidade da praia e do esteiro propoñendo solucións.
5 puntos chave:
- Desenvolvemento dun proxecto azul → Obradoiros de ciencia cidadá para estudar o ecosistema praia-duna-marisma do Miñor (Rede Natura 2000).
- Implicación do alumnado → participaron 42 estudantes de 5.o e 6.o de primaria.
- Resultados obtidos → O alumnado aprendeu a identificar flora e fauna mariña e a recoller e analizar datos do medio natural, aplicando metodoloxía científica.
- Colaboración cunha entidade local → Desenvolven os obradoiros xunto á entidade local North Wind.
- Comunicación dos resultados → elaboración de materiais gráficos e un podcast para sensibilizar á comunidade sobre a importancia de conservar a biodiversidade neste espazo natural.
Contacto:
cep.sabaris@edu.xunta.gal
+ 34 886 11 01 43





