Proxecto Nereida. Con-ciencia azul en centros educativos

O PROXECTO NEREIDA é un proxecto para a innovación e colaboración no ensino azul: impulso á Rede Galega de Escolas Azuis, liderado pola Universidade de Vigo e coa implicación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Autoridade Portuaria de Vigo, Fundación para a pesca e o marisqueo (Fundamar), 13 Grados ou NorthWind.
Obxectivos
Promover o interese polas ciencias vinculadas ao medio acuático entre os estudantes, integrando o coñecemento azul nos currículos escolares e promovendo a certificación internacional Blue School en escolas españolas.
Obxectivos específicos
- Promover a creación dunha agrupación industrial de Escolas Azuis en Galicia.
- Desenvolver unha Incubadora de Proxectos Azuis (NINFAS de auga).
- Establecer vínculos entre centros escolares e investigador@s.
- Capacitar docentes para integrar de maneira eficaz os contidos acuáticos no currículo escolar (aprendizaxe baseada en proxectos).
- Repositorio en liña de recursos educativos específicos sobre os ecosistemas acuáticos.
- Conectar as escolas participantes coa Network of Blue Schools, irmandamento entre centros costeiros e de interior.
- Ampliar os recursos para centros de educación especial.
Financiación
Coa financiación do FECYT.
Duración
12 meses (01/07/2025 – 31/06/2026)
