Idades: todas
Lugar: Muelle de Portocultura, Puerto de Vigo (link)
Contacto: comercial@apvigo.es
O Porto de Vigo pon a disposición da cidadanía o Observatorio Submarino Nautilus, un espazo adicado á observación, o coñecemento e á divulgación do medio mariño. O Nautilus permite a observación a tempo real da vida mariña que habita nas augas do porto, achegando o alumnado ao ecosistema mariño dende unha perspectiva científica e educativa.
As visitas teñen unha duración de40 minutos, nas que cada grupo será conducido durante toda a actividade por un guía especializado.
Horario: martes e xoves de 10:00 a 14:00 h
Aforo: organización en grupos de 25 persoas




